Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2017 Páx. 41718

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación do servizo de mantemento e conservación dos equipamentos e instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria das dependencias municipais.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 9 de agosto de 2017, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 05/17).

2. Obxecto do contrato: prestación do servizo de mantemento e conservación dos equipamentos e instalacións de calefacción, climatización e AQS das dependencias municipais.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 34.727 € (28.700 € máis 6.027 € en concepto de IVE); polo prazo de dous (2) anos (con posibilidade de dúas prórrogas anuais).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 21 de agosto de 2017

Manuel Carrera Punzón
Alcalde accidental