Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2017 Páx. 41694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 26 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A relativos ao expediente BS611A 2015/1837-6 e nove máis.

Logo de intentar no tempo e na forma efectuar as notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou as que as representen, cando non poidan presentarse fisicamente, para seren notificadas por comparecencia para a realización dun trámite do procedemento BS611A.

Para estes efectos, así como para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Oficina Integrada de Dependencia e Discapacidade do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social situadas no edificio administrativo de Ferrol, praza Camilo José Cela, s/n, 15403 Ferrol, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Se non comparecesen a esta citación sen aviso previo e non alegan unha causa xustificada, transcorridos tres meses sen que realicen as actividades necesarias para continuar coa tramitación, declararase a caducidade do procedemento iniciado e acordarase o arquivamento das actuacións, de conformidade co artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 26 de maio de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.A. (Artigo 31.2 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Contido e data do acto administrativo

Nº de expediente

DNI

Apelidos e nome

Citación para recoñecemento do 1.6.2016

BS611A 2015/1837-6

35386236T

Alonso Núñez, María

Citación para recoñecemento do 14.6.2016

BS611A 2015/0723-6

37860613Z

Calderón Conesa, Pedro

Citación para recoñecemento do 22.6.2016

BS611A 2016/0930-6

X5377221M

Carmindo, Rubén Felipe

Citación para recoñecemento do 13.6.2016

BS611A 2015/0515-6

50363731X

Espinosa Besteiro, Armando

Citación para recoñecemento do 16.2.2017

BS611A 2015/1251-6

21005518D

Feliz Cuevas, Mª Esperanza

Citación para recoñecemento do 29.7.2016

BS611A 2015/1492-6

32643962Q

Fernández Ares, Mª del Mar

Citación para recoñecemento do 5.5.2016

BS611A 2016/0448-6

41792563E

Gondell Rioboo, Mª del Carmen

Citación para recoñecemento do 14.2.2017

BS611A 2016/0117-6

32611839R

Hernández Fernández, Jesús Manuel

Citación para recoñecemento do 31.10.2016

BS611A 2015/1604-6

31330733H

Rodríguez González, Gonzalo José

Citación para recoñecemento do 16.2.2017

BS611A 2015/2057-6

39907018V

Soto Sosa, Mª dels Angels