Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2017 Páx. 41654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 10 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2017/126-1).

Nº de expediente: IN407A 2017/126-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS e CTC Vista Alegre.

Concello: Boiro.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, de 2×250 m (499 m), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe na LMTS BOI-809 (expediente 438/05), entre o CT Gaboiteira (15CGFW) e o CT Pontellón (15CBCW), e final no CT proxectado.

– CTC Vista Alegre, cunha potencia de 400 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 10 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña