Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto adoptouno a xefa da Área Provincial.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 8 de agosto de 2017
A xefa da Área Provincial de Pontevedra
P.S. (Resolución do 18.3.2015)
Federico del Campo Navarro
Xefe do Servizo Técnico de Pontevedra
ANEXO
Expediente: P-055/15.
Persoa interesada: María Jesús Lamas Gómez.
DNI: ...665F.
Asunto: requirimento en relación co expediente de construción PO-2007/701, conta 17.