Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41551

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (93/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Beatriz Iglesias Jamardo contra José Antonio Riveiro Codesido e outro, S.C., Mario Riveiro Codesido, Mónica Riveiro Codesido e Fondo de Garantía Salarial, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 93/2015 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Mario Riveiro Codesido, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 20 de setembro de 2017 ás 10.30 horas, planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E, para que sirva de citación a Mario Riveiro Codesido, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

A letrada da Administración de xustiza