Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41619

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO das bases reguladoras relativas á convocatoria 2017 do programa dos premios Emprende Cultura Gaiás-Sixto Seco.

Publícase o extracto das bases reguladoras relativas á convocatoria 2017 do programa dos premios Emprende Cultura Gaiás-Sixto Seco, cuxo texto completo se pode consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e na páxina web da Fundación Cidade da Cultura de Galicia (www.cidadedacultura.gal).

Primeiro. Persoas que poden participar na convocatoria

1. As persoas solicitantes que teñan finalizado as ensinanzas de ciclos medios e de ciclos superiores de formación profesional e dos ensinos profesionais de artes plásticas e deseño.

2. As persoas solicitantes que teñan finalizado as ensinanzas de escolas de arte.

3. As persoas solicitantes que teñan finalizado as ensinanzas universitarias en humanidades e/ou calquera outra rama artística.

4. Calquera outra persoa que teña finalizado as ensinanzas universitarias con vinculación ao emprendemento cultural e que desexe desenvolver a súa actividade en Gaiás Cidade da Cultura de Galicia.

Segundo. Obxecto

Impulsar o desenvolvemento de novas ideas emprendedoras relacionadas coas industrias culturais e que queiran desenvolver a súa actividade en Gaiás Cidade da Cultura de Galicia: deseñadores-ilustradores, profesionais da comunicación, produtores, xestores culturais, programadores de aplicacións informáticas e de proxectos culturais na internet e calquera outra persoa con vinculación ao emprendemento cultural.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 25 de agosto de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras relativas á convocatoria 2017 do programa dos Premios Emprende Cultura Gaiás-Sixto Seco.

Cuarto. Importe

a) Tres premios en metálico dotados con dous mil euros (2.000,00 €) cada un (un premio por categoría e proxecto seleccionado).

b) Incorporación gratuíta durante doce meses ao espazo Cotraballo do Centro de Emprendemento Creativo de Galicia de Cidade da Cultura de Galicia.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste extracto da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2017

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia