Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 6 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación dunha resolución dun expediente tramitado por esta entidade (expediente 2010/337-5).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente existente nesta xefatura territorial.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer a persoa interesada no prazo de dous meses, desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres, laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Vigo, 6 de xuño de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2010/337-5.

Interesado: Miguel Ángel de la Montaña Iglesias.

DNI: 53190140H.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 18 de maio de 2017.

Efectos xurídicos: imposición de medida administrativa.