1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica (Servizo de Contratación).
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
4º. Teléfonos: 981 54 55 22 e 981 54 55 23.
5º. Fax: 981 54 01 18.
6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante
8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.
d) Número de expediente: 2017_011_ SXT_EM.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: definir e implementar unha rede de control monitorizada do recurso hidrotermal da zona das Burgas, xa sexa nacente ou bombeado, de forma que mediante o seguimento da instrumentación disposta para o efecto se poidan conseguir os datos necesarios para unha avaliación hidrotermal xeral da zona.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Lugar de execución/entrega: Ourense.
e) Prazo de execución/entrega: seis meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato.
f) Admisión de prórroga: non.
g) Establecemento dun acordo marco: non.
h) CPV (referencia de nomenclatura): 71353100-8 (servizos de estudos hidrográficos), 71700000-5 (servizos de monitorización e control).
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).
4. Valor estimado do contrato: 103.800 euros.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 103.800 euros. Importe total: 125.598 euros.
6. Garantías exixidas.
Provisional: non se exixe.
Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos establecidos nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.
c) Outros requisitos específicos: non.
d) Contratos reservados: non.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).
b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas as dúas do PCAP.
c) Lugar de presentación.
1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.
2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).
9. Apertura de ofertas (sobres A, B e C).
a) Descrición:
Apertura do sobre A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.
Apertura do sobre B: apertura en acto público da documentación técnica relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.
Apertura do sobre C: apertura en acto público da documentación económica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante as datas e as horas da apertura dos sobres B e dos sobres C.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG (cláusula P da folla de especificacións do PCAP).
11. Outras informacións: poden obterse os pregos na páxina:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=194221
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2017
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016; DOG núm. 131, do 12 de xullo)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria