Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2017, do Servizo Provincial de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado e o estudo de impacto ambiental da actuación da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, treito A-52-N-525, de clave OU/08/053.01.1, nos concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu ordinal 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

O 7 de xuño de 2016, apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado e o estudo de impacto ambiental da actuación da vía de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas, treito A-52-N-525, de clave OU/08/053.01.1.

Con data do 29 de decembro de 2016 a Xunta de Galicia declarou de utilidade pública e urxente ocupación os bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra, mediante o Decreto 197/2016, publicado no Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 2017.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela, para que comparezan no lugar, data e hora que se detallan a continuación co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de San Cibrao das Viñas.

Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

Data: 26 de setembro de 2017, desde as 10.00 ata as 13.30 horas, desde o A ata Fernández Prieto, Antonio.

Data: 27 de setembro de 2017, desde as 10.00 ata as 13.30 horas, desde Fernández Santas, Elisa ata Marcos González, Mª Victoria.

Data: 28 de setembro de 2017, desde as 10.00 ata as 13.30 horas, desde Martínez Pérez, Pura ata o Z.

Termo municipal de Taboadela.

Lugar: Casa do Concello de Taboadela.

Data: 29 de setembro de 2017, desde as 10.00 ata as 13.30 horas.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos nos concellos de San Cibrao das Viñas e Taboadela e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense (r/ Sáenz Díez, nº 1).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome e xuntaren os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e do 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Ourense (r/ Sáenz Díez, nº 1), as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

Ourense, 28 de agosto de 2017

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense