Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 1 de setembro de 2017 Páx. 41406

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (78/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 78/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Montáns Cousillas contra Inversiones Atlánticas, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 3 de agosto de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento número 78/2017, seguidos ante este xulgado por instancia de Manuel Montáns Cousillas, asistido do letrado José Daniel Pérez López, contra Inversiones Altánticas, S.L. e Fogasa, que non comparecen, dito esta sentenza de conformidade co seguinte.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Manuel Montáns Cousillas contra Inversiones Atlánticas, S.L., declaro improcedente o despedimento do demandante e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 57,38 euros diarios, ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 315,59 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones Atlánticas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de agosto de 2017

A letrada da Administración de xustiza