Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2017 Páx. 41319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2017 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de limpeza do centro territorial do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral na Coruña (PA 1/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga).

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Administración e Persoal.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Administración e Persoal.

2º. Enderezo: Edificio Igape-Issga, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Teléfonos: 881 99 93 31/881 99 93 99.

5º. Fax: 881 99 94 33.

6º. Correo electrónico: issga.subdireccionpersoal@xunta.gal.

7º. Páxina web:

http://issga.xunta.gal/portal/contido/perfil-do-contratante/index.html

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.contratosdegalicia.es e na páxina web http://issga.xunta.gal.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: PA 1/2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza do centro territorial do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral na Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: A Coruña.

e) Prazo de execución: un ano.

f) Admisión de prórroga: si, por un máximo doutro ano.

g) Nomenclatura CPV (vocabulario común de contratos públicos): 909112008.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula A do cadro de criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado do contrato, incluída a posible prórroga, ascende a sesenta e sete mil corenta e catro euros (67.044,00).

5. Orzamento base de licitación: corenta mil cincocentos sesenta e un euros e sesenta e dous céntimos (40.561,62 €), IVE incluído.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos sinalados na cláusula F da folla de especificacións do PCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, agás que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

c) Lugar: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (situado no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), en horario de oficina ou por correo, dirixido á Subdirección Xeral de Administración e Persoal do Issga (Edificio Igape-Issga, 3º andar, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo, segundo o establecido na cláusula I da folla de especificacións do PCAP.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: segundo o establecido na cláusula 7 do PCAP.

b) Enderezo: Edificio Igape-Issga, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante e na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos poden obterse na páxina:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=190086

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2017

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral