Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2017 Páx. 41309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2017 pola que se fai público o cofinanciamento de obra hidráulica nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos procédese a dar publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública Augas de Galicia, da seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: contrato menor.

Vantaxes da oferta seleccionada: proposición economicamente máis vantaxosa por ser a de prezo máis baixo con base na aplicación do único criterio de valoración (prezo).

2. Obxecto do contrato.

Título: ampliación do saneamento en Santa Marta. Riotorto (Lugo).

Clave do expediente: M.16028.

CPV (referencia de nomenclatura): 45231300-8.

Orzamento base: importe neto: 49.944,95 euros. Importe total: 60.433,39 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da oferta: importe neto: 49.900,00 euros. Importe total: 60.379,00 euros.

Empresa: Construcciones y Canalizaciones José Saa, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2) cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. O 25 % restante do gasto elixible será cofinanciado por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %.

A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais. Submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía. Prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia