Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2017 Páx. 40992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 27 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publica a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto de ampliación da explotación mineira Castañeiro 4275, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), promovido por Emeritasa, S.L. (clave 2013/0101).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 27 de xullo de 2017 relativa ao proxecto de ampliación da explotación mineira Castañeiro 4275, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), promovido por Emeritasa, S.L.

Esta declaración de impacto ambiental pódese consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático