Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2017 Páx. 40905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2017 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos hidráulicos nun 75 % pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020.

missing image file

De conformidade coa normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos, dáse publicidade ao cofinanciamento europeo, para os efectos do cumprimento da obriga de información e publicidade establecida na regulación europea sobre os fondos e, en xeral, do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia, e ao abeiro do previsto na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública Augas de Galicia, das seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: gasto menor.

2. Obxecto do contrato:

a) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica da obra de saneamento no núcleo de Caamaño e mellora e ampliación da estación depuradora de augas residuais de Xuño. Porto do Son (A Coruña).

Clave do expediente: GA.17013.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base: importe neto: 13.233,94 euros. Importe total: 16.013,07 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da oferta: importe neto: 10.300,00 euros. Importe total: 12.463,00 euros.

Empresa: Zifra Ingeniería, S.L.

b) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica do saneamento e depuración en Toubes e Cinco Nogueiras. A Peroxa (Ourense).

Clave do expediente: GA.17014.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base: importe neto: 17.271,01 euros. Importe total: 20.897,92 euros.

Prazo de execución: 7 meses.

Importe da oferta: importe neto: 12.400,00 euros. Importe total: 15.004,00 euros.

Empresa: Diagrama Ingeniería Galicia, S.L.

c) Título: apoio técnico á redacción do proxecto de saneamento en Boqueixón. Estación depuradora de augas residuais en Sergude e colectores. Boqueixón (A Coruña).

Clave do expediente: GA.17043.

CPV (referencia de nomenclatura): 71242000-6.

Orzamento base: importe neto: 17.998,75 euros. Importe total: 21.778,49 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da oferta: importe neto: 11.636,19 euros. Importe total: 14.079,79 euros.

Empresa: Proyfe, S.L.

d) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución do abastecemento de auga ás Estibadas. Cualedro (Ourense) e do saneamento en Baltar. Baltar (Ourense).

Clave do expediente: GA.17020.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base: importe neto: 17.395,17 euros. Importe total: 21.048,16 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da oferta: importe neto: 14.000,00 euros. Importe total: 16.940,00 euros.

Empresa: GOC, S.A.

e) Título: asistencia técnica á dirección facultativa de obra hidráulica na execución da captación e acometida de auga ao depósito de Vendas da Barreira. Riós (Ourense) e do abastecemento e saneamento en Feal e Casetas de Ansemil. Celanova (Ourense).

Clave do expediente: GA.17019.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Orzamento base: importe neto: 17.957,47 euros. Importe total: 21.728,54 euros.

Prazo de execución: 5 meses.

Importe da oferta: importe neto: 12.000,00 euros. Importe total: 14.520,00 euros.

Empresa: Diagrama Ingeniería Galicia, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

As actuacións referidas no punto 2) serán cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. O 25 % restante do gasto elixible cofinanciarano Augas de Galicia nun 17,50 % e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %.

As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais. Submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía. Prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia