Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2017 Páx. 40888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica E/S da LAT 132 kV Doiras-Mondoñedo, na subestación de Barreiros, nos concellos de Barreiros e Lourenzá (expediente 005/2016 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: E/S da LAT 132 kV Doiras-Mondoñedo, na subestación de Barreiros.

Solicitante: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio social: Isabel Torres 25 (PCTCAN), 39011 Santander.

Finalidade: conexionar a LAT 132 kV Doiras-Mondoñedo coa subestación Barreiros.

Características técnicas principais:

1. Liña de alta tensión aérea a 132 kV cunha lonxitude de 1.040 m en condutor LA-280, dobre circuíto con configuración símplex e cable de comunicación OPGW 48 F sobre apoios metálicos, con orixe na futura subestación Barreiros, e final no apoio P6 proxectado entre os apoios P180 (para desmontar) e P179 da LAT 132 kV Doiras-Mondoñedo.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla 70), referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000), e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puider realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 18 de agosto de 2017

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigos 62.3 e 63.1.b) do Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Parcela

Ref. catastral

Lugar

Termo municipal

Propietario

Tipo cultivo

Afección

Accesos

Pol.

Parc.

Nome, apelidos
e enderezo

Apoio

Voo

Superficie ocupada m2

Lonxitude
ml

Superficie afectada m2

Lonxitude
ml

Superficie afectada m2

11

8

948

Fachas

Lourenzá

Manuel Ramos Rodríguez

Vilapol 18, 27760 Lourenzá (Lugo)

Concepción Soto Vidal

Paseo de la Castellana, 240, es: AB 1º B 28046 Madrid

José María Martínez Cienfuegos

Pumar de Don, Santa María de Lourenzá 27660 Lourenzá (Lugo)

MA

 

 

14

464

14

54

12

8

144

Barranco

Lourenzá

Manuel Ramos Rodríguez

Vilapol, 18, 27760 Lourenzá (Lugo)

Concepción Soto Vidal

Paseo de la Castellana 240, es: AB, 1º B, 28046 Madrid

José María Martínez Cienfuegos

Pumar de Don, Santa María de Lourenzá, 27660 Lourenzá (Lugo)

Rosendo Otero López

A Telleira, 27760 Lourenzá (Lugo)

MA

2

40

37

1048

19

77

13

8

145

Fachas

Lourenzá

Concepción Soto Vidal

Paseo de la Castellana, 240, es: AB, 1º B, 28046 Madrid

José María Martínez Cienfuegos

Pumar de Don, Santa María de Lourenzá, 27660 Lourenzá (Lugo)

Rosendo Otero López

A Telleira, 27760 Lourenzá (Lugo)

Andrés Rivas Sánchez

Pumar de Don 11, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

MA

 

 

58

1751

 

 

14

8

146

Fachas

Lourenzá

Andrés Rivas Sánchez

Pumar de Don 11, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

Emilio Barja Arias

Fontepresa, Quende, 27738 Abadín (Lugo)

MA

3

40

37

1124

6

24

15

8

147

Barranco

Lourenzá

José Díaz Gil

Pumar de Don 15, Santa María de Lourenzá, 27760 Lourenzá (Lugo)

MA

 

 

58

1497

 

 

17

8

148

Barranco

Lourenzá

Emilio Barja Arias

Fontepresa, Quende, 27738 Abadín (Lugo)

MA

 

 

35

1002

 

 

27

8

272

Lagares

Lourenzá

Armando Penedo Rivas

A Covela 1, Sto. Tomé de Lourenzá, 27751 Lourenzá (Lugo)

MA

 

 

5

185