Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2017 Páx. 40923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2017 pola que se anuncia a corrección de erros no prego de prescricións técnicas publicado mediante a Resolución do 7 de agosto de 2017 pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración de equipamento audiovisual para a Administración de xustiza, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0073).

missing image file

Como consecuencia da corrección de erros no prego de prescricións técnicas para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 7 de agosto de 2017, e publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 152, do 10 de agosto, procédese a:

Primeiro.

Facer público o contido da corrección de erros no seguinte enderezo:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=189702

Segundo.

Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 9 da dita resolución.

A nova data límite de obtención de documentación e información e da presentación de ofertas rematará ao contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de corrección de erros no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia