Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2017 Páx. 40756

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2017 pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 200/2017, interposto por Tamara Fuentes Santiso.

No Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela estase a tramitar, mediante procedemento abreviado, o recurso contencioso-administrativo núm. 200/2017 interposto por Tamara Fuentes Santiso contra a resolución da xerencia do Consorcio pola que acorda desesmitar o recurso de alzada fronte á desestimación presunta das solicitudes de información presentadas pola recorrente.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2017

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar