Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2017 Páx. 40715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 21 de agosto de 2017 polo que se notifica a citación para comparecencia ditada no expediente disciplinario ED 06/2017.

Tentada sen éxito a notificación administrativa tanto no lugar de traballo como no domicilio do interesado, nos termos do artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede efectuar a notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, de acordo co previsto nos artigos 44 e 46 da citada lei.

Mediante este anuncio notifícase a Arsenio Rodil Arias, con DNI 33845724M, a citación para a súa comparecencia o vindeiro mércores 6 de setembro de 2017, ás 10.45 horas nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, sita na rolda da Muralla, número 70, baixo, para efectos de dar cumprimento ao disposto no artigo 47.1.b) do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O interesado deberá vir provisto co DNI e poderá ser asistido de letrado ou asesor. De non poder comparecer na data estipulada por causa xustificada, deberá comunicalo coa suficiente antelación, achegando a documentación acreditativa de tal imposibilidade. No caso de incomparecencia, o interesado perderá o dereito ao trámite.

Lugo, 21 de agosto de 2017

Fernando Molares Bello
Instrutor