Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2017 pola que se anuncia a corrección de erros da Resolución do 31 de xullo de 2017 pola que se anuncia a formalización do contrato de novas funcionalidades e evolución do Sistema de información para a xestión integrada dos tributos (Xeito), mediante tramitación documentalmente simplificada e suxeita a regulación harmonizada.

No DOG núm. 155, do 17 de agosto de 2017, publicouse a Resolución do 31 de xullo de 2017, pola que se anunciaba a formalización do contrato de novas funcionalidades e evolución do Sistema de información para a xestión integrada dos tributos (Xeito), mediante tramitación documentalmente simplificada e suxeita a regulación harmonizada.

1. Advertido erro no número 6. «Formalización do contrato», páxina 39662, da citada resolución, é necesario realizar a seguinte corrección:

Onde di: «c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.», debe dicir: «c) Contratista: Altia Consultores, S.A.».

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2017

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable