Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2017 Páx. 40603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1097/2016-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1097/2016-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 9 de agosto de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Domicilio

PSC-CO-1097/2016-PPM

Efraín Sánchez Sánchez

53485622L

Proposta

Santa Cristina, 11, A Loxe-Noia

PSC-CO-0572/2017-PPM

Miguel Hermida Creo

53795312Z

Proposta

Pasaxe Espiñeiriño, A Toxeira, 3, Noia

PSC-CO-0582/2017-PPM

Efraín Sánchez Sánchez

53485622L

Proposta

Santa Cristina, 11, A Loxe-Noia