Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40479

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias no polígono industrial de Suevos.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 31.5.2017, acordou aprobar inicialmente o expediente nº 11/2016.PMP de modificación puntual das normas subsidiarias para clasificar como solo urbano o polígono industrial de Suevos.

Así mesmo, acordouse a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito delimitado polas parcelas catastrais: 002300900NJ40A, 15005A09500002, 15005A09300241, 15005A09300242, 15005A09300243, 15005A09300244, 15005A09200192 e 15005A09200193, tendo en conta o sinalado ao respecto no informe do xefe de Área de Urbanismo e Medio Ambiente do 24.5.2017: «(…) a ordenación prevista nesta modificación puntual é diferente e incompatible coa das NNSS municipais de 1995 para o ámbito a que se refiere excepto no que atinxe á eliminación de edificacións e construcións con adecuación do terreo para acomodar o territorio ás exixencias das leis de costas e de augas».

En virtude do disposto polo artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e polo artigo 144 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, o expediente de referencia, documento refundido, queda sometido a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a presente publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo (praza Alcalde Ramón Dopico, nº 1, Arteixo), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e presentar alegacións se o consideran oportuno.

O contido íntegro da modificación puntual pódese consultar no seguinte enderezo electrónico: http://www.arteixo.org/gl/noticia/aprobacion-inicial-da-moficacion-puntual-nnss-poligono-suevos.

Arteixo, 16 de agosto de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto 1336 do 6.7.2015)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente