Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2017 Páx. 40465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 24 de xullo de 2017, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución de denegación da inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitada ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberase efectuar ante a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, número 7, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 24 de xullo de 2017

A xefa da Área Provincial de Pontevedra
P.S. (Resolución do 18.3.2015)
Federico del Campo Navarro
Xefe do Servizo Técnico de Pontevedra

ANEXO

Credencial: 7229.

Persoa interesada: Patricia Gallego Álvarez.

DNI: 36096860Q.

Acto obxecto de notificación: resolución de denegación da inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.