Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40251

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2017 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (director/a da Área de Internacionalización).

Por Resolución do 30 de xuño de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 133, do 13 de xullo, anunciouse a convocatoria para a cobertura dun posto de persoal directivo no Igape (director/a da Área de Internacionalización).

De conformidade co establecido no punto 7 das bases reguladoras da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado, establécese que o tribunal de selección se nomeará por resolución do director xeral do Igape. En virtude do anterior, esta dirección

DISPÓN:

Primeiro. Nomear al tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (director/a da Área de Internacionalización do Igape) coa composición que se relaciona no anexo.

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica

ANEXO
Tribunal

– Presidencia:

Titular: Norberto Penedo Rey, director da Área de Competitividade do Igape.

Suplente: José Manuel Fernández García, xerente do Igape IP. Área de Competitividade.

– Secretaría:

Titular: Pablo Casal Espido, secretario xeral do Igape.

Suplente: Ángeles Gil Sotres, subdirectora de Servizos Xurídicos.

– Vogais:

Titular: Zeltia Lado Lago, xerente do Instituto Enerxético de Galicia, Inega.

Suplente: Benito Fernández Rodríguez, director da Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación, GAIN.