Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40340

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación da subministración de material eléctrico.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Electromecánicos. Número de expediente: 40873-444.

2. Obxecto do contrato: a subministración de material eléctrico para os servizos enerxéticos do Concello de Vigo.

División por lotes e número de lotes: si. Lote 1: soportes e accesorios. Lote 2: luminarias e os seus accesorios. Lote 3: material electromecánico diverso e condutores.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 2 anos. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 123.966,94 euros. IVE a soportar pola Administración: 26.033,06 euros. Orzamento total: 150.000 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Considerarase con solvencia económica e financeira aos licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato, ou, no caso de que se licite por lotes, o lote ou lotes aos que presenten proposta. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato realizadas nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou persoal, destas por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministracións por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Se o contrato se licitase por lotes, a anualidade media, ou o prezo do contrato segundo a duración deste, será a do lote ou lotes aos que presente proposta o licitador. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito persoal, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das HEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo do deber de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica. Entidade, enderezo e localidade: ver o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: _

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 7 de agosto de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación