Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2017 Páx. 40303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 28 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, das resolucións das súas solicitudes de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, nº 9, 2ª planta, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que as resolucións relacionadas no anexo poñen fin á vía administrativa, de conformidade co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e que poderán interpor recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 91 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o artigo 46 da referida lei xurisdicional.

Lugo, 28 de xullo de 2017

Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 1322/16.

Interesada: Gutiérrez González, Marilyn Karla, en representación de Arlenys Gutiérrez González.

DNI/NIE /PAS: Y2472273V.

Último domicilio coñecido: praza Primeiro de Maio, 6, 3º B, 27003 Lugo.

Nº de expediente: 1321/16.

Interesado/a: Gutiérrez González, Marilyn Karla, en representación de Lorraine Michelle Novas Gutiérrez.

DNI/NIE /PAS: Y2472273V.

Último domicilio coñecido: praza Primeiro de Maio, 6, 3º B, 27003 Lugo.