Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 31 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Celeiro, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-LU-0084/2016-COP e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-LU-0084/2016-COP e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

Celeiro, 31 de xullo de 2017

Pablo Ramón Fernández Asensio
Xefe territorial de Celeiro

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-LU-0084/2016-COP

Lonjamar Empresarial, S.L.

B27458462

Resolución

R/ Igrexa, 27, entreplanta, Viveiro

PSC-LU-0102/2016-PPM

Juan Benigno Ponce Montero

76408349A

Resolución

Camiño Real da Magdalena, 49, 4º, Cedeira

PSC-LU-0090/2016-PPM

Isaac Hernández Rodríguez

20263708H

Resolución

R/ San Francisco, 17, 4º B, Ribadeo

PSC-LU-0091/2016-PPM

Carlos José López López

33993525P

Resolución

R/ Rosalía de Castro, 13, 5º A, Ribadeo