Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 15 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, de resolucións ditadas nos procedementos BS650A e un máis.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións ditadas por esta xefatura territorial no procedemento instado polas persoas que se citan no anexo, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE) poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, teléfono 986 81 72 30, en horario de mañá das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por notificados.

Ás persoas que se citan no anexo infórmaselles que as ditas resolucións esgotan a vía administrativa, contra as cales poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social ante esta xefatura territorial no prazo de trinta días (30) seguintes á data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social, ou directamente poderán formalizar a demanda no prazo de dous (2) meses ante o xulgado ou sala competente desta orde xurisdicional.

Vigo, 15 de xuño de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650A:

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Data da resolución

Oujo Tubío, Susana

52932430T

3600811-I/13

Denegación

5.4.2017

Berardi Madera, Laura Esther

48576220J

3600070-I/16

Denegación

13.3.2017

Durac s/s, Sorin

X9202427N

3600095-I/15

Denegación

11.4.2017

Gonçalves de Faria, Thalita

35677943K

3600202-I/16

Denegación

24.4.2017

Procedemento BS650G:

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Data da resolución

Herdeiros de:

Lorenzo García, María Carmen

35928509W

3600482-X/11

Extinción do dereito

9.5.2017

Raduta s/s, Neculae

X8648130S

3600859-X/15

Caducidade

31.5.2017