Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2017/449-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: reforzo LMTS VLG804 Sanxenxo 4.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ estruturada en catro (4) actuacións:

– Actuación 1: 272 metros; orixe: centro de transformación (CT) rúa Vigo; final: arqueta existente na VLG804 Sanxenxo 4 facendo entrada e saída no CT rúa Trece.

– Actuación 2: 155 metros; orixe: arqueta existente na VLG804 Sanxenxo 4; final: arqueta proxectada na VLG804 Sanxenxo 4 facendo entrada e saída no CT Residencial Pinamar.

– Actuación 3: 316 metros; orixe: arqueta proxectada na VLG804 Sanxenxo 4; final: arqueta proxectada na VLG804 Sanxenxo 4 facendo entrada e saída nos CCTT Residencial Vicaño e praia Silgar.

– Actuación 4: 648 metros; orixe: arqueta existente na VLG804 Sanxenxo 4; final: arqueta existente na VLG804 Sanxenxo 4 facendo entrada e saída nos CCTT Baltar e Infantaría de Mariña.

A instalación está situada nas parroquias de Padriñán e Adina (Sanxenxo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 27 de xullo de 2017

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica