Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves (expediente IN407A 2017/163-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTA, LMTS SAL803-804 y CD Áridos J.G.L.

Situación: Salvaterra de Miño e As Neves.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ estruturada en catro (4) actuacións:

– Actuación 1-2-3:

1.591 metros; orixe: subestación de Salvaterra; final: paso aerosubterráneo (PAS) no apoio proxectado (C-9000-18) no nó nº 14, facendo entrada e saída no CD Áridos J.G.L.

– Actuación -4:

497 metros; orixe: PAS no apoio proxectado (C-9000-18) no nó nº 20; final: PAS no apoio proxectado (C-4500-16) no nó nº 21.

LMT aérea a 20 kV con condutor LA110 de 717 metros de lonxitude, con orixe apoio proxectado (C-9000-18) no nó nº 14 e final no apoio proxectado (C-9000-18) no nó nº 20.

Centro de seccionamento, Áridos J.G.L., con celas prefabricadas compactas baixo envolvente metálica, con illamento e corte en SF6, situado no polígono Plisan.

Retensado do van aéreo contiguo ao apoio proxectado C-4500-16 no nó nº 21.

A instalación está situada no polígono Plisan, nos municipios de Salvaterra de Miño e As Neves.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción desta resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 20 de xullo de 2017

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica