Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2017 Páx. 40181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, da contratación mediante a modalidade de compra pública innovadora, polo procedemento de diálogo competitivo, do servizo de desenvolvemento e fase demostración dun sistema de xestión de información xeorreferenciada para o control da actividade agraria en Galicia, no marco do proxecto Primare-inspeccións intelixentes avanzadas, financiado nun 80 % polo programa operativo plurirrexional Feder Pocint a través do convenio de colaboración co Mineco Civil UAVs Initiative (expediente 2017/PA/0062).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0062.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de desenvolvemento e fase demostración da captura e xestión de información xeográfica, territorial e agroambiental xeorreferenciada, capaz de integrar os datos capturados mediante sensores transportados por UAVs, así como por calquera outro medio ou dispositivo tecnolóxico, para o control e xestión da actividade agraria en Galicia no marco do proxecto Primare-inspeccións intelixentes avanzadas.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contado a partir do 1.12.2017. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato. En todo caso o prazo de execución rematará non máis tarde do 31.12.2019.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: tramitación ordinaria.

b) Procedemento: diálogo competititvo.

4. Valor estimado: 1.229.276,23 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 1.229.276,23 € máis 258.148,01 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.487.424,24 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:

2017: 201.124,62 € + IVE (42.236,17 €) = 243.360,79 €

2018: 507.200,40 € + IVE (106.512,08 €) = 613.712,48 €

2019: 520.951,21 € + IVE (109.399,76 €) = 630.350,97 €

Total: 1.229.276,23 € + IVE (258.148,01 €)=1.487.424,24 €

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=191687

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase o punto 7.2 do documento descritivo.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 13 de setembro de 2017, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no documento descritivo.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 6.1 do documento descritivo.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa ás ofertas indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no apartado 7.2 do documento descritivo.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 14.8.2017.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2017

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
P.D. (Acordo do 31.7.2017)
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia