Coa data 8 de xuño de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017052TA-OU incoado a Carla Sonia Dias Gonçalves NIE X4923039G, con domicilio na r/ Ervedelo, 88, 3º B, 32002 Ourense.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Carla Sonia Dias Goncalves NIE X4923039G, con domicilio na r/ Ervedelo, 88, 3º B, 32002 Ourense, o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Avenida de Zamora, 13, Ourense e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.
Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 18 de xullo de 2017
A xefa territorial de Ourense
P.A. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo)
Francisco José Rodríguez Saavedra
Xefe do Servizo de Xestión
ANEXO
Nº de expediente: 2017052TA-OU.
Interesada: Carla Sonia Dias Goncalves.
NIE: X4923039G.
Derradeiro enderezo coñecido: r/ Ervedelo, 88, 3º B, 32002 Ourense.
Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.
Tipificación provisional: leve.
Sanción proposta: trinta euros (30 €).