Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39919

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 9 de agosto de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 9 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN201G).

A Orde do 9 de marzo de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 60, do 27 de marzo, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN201G).

No artigo 1.4 da orde e no artigo 2.1 do seu anexo I –Bases reguladoras–, precísase que as devanditas subvencións serán financiadas co crédito correspondente ás aplicacións orzamentarias seguintes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2017:

Aplicación orzamentaria

Importe (€)

09.30.751A.770.3. Comercialización de artesanía de Galicia. Obradoiros artesanais

90.000,00

09.30.751A.761.5. Comercialización e promoción de feiras de artesanía de Galicia

80.000,00

09.30.751A.781.4. Comercialización de artesanía de Galicia. Asociacións profesionais artesás

45.000,00

O importe ascende a un total de 215.00,00 euros.

No artigo 1 da orde tamén se sinala que se poderán incrementar as contías previstas en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito. Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Co obxecto de poder amparar o maior número de solicitudes, e posto que a dotación inicial resulta insuficiente, tramítase o correspondente expediente de ampliación de crédito polo que cómpre, mediante esta orde, incrementar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas subvencións dada a existencia de remanentes de créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Consellería de Economía, Emprego e Industria en materia de comercio interior, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Financiamento

1. Amplíase a dotación orzamentaria prevista na Orde do 9 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN201G).

2. O incremento da dotación será de 26.000,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 09.30.751-A.770.1, «Promoción e comercialización da Artesanía de Galicia», dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017.

Unha vez efectuado este incremento, o importe total da dotación orzamentaria previsto ascende a 241.000,00 euros.

3. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria