Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 4 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento da folla de valoración no expediente de expropiación IN407A 2016/370-1, no concello de Irixoa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento da folla de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Manide-O Pirineo, no concello de Irixoa (expediente IN407A 2016/370-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 4 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/370-1.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Manide-O Pirineo.

Concello: Irixoa.

Predio

Lugar

Titular proposto/a

Data de ocupación

18

Chousa da Veiga

Ramón Golpe Brañas

24.8.2017

41

Monte de Veiga

Descoñecido/a

24.8.2017