Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 39983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 1 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de urbanización da área loxística empresarial da Plataforma loxística industrial de Salvaterra-As Neves, nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves (clave 2016/0178).

De conformidade co artigo 47, número 3, da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 31 de xullo de 2017, do proxecto de urbanización da área loxística empresarial (LE) da Plataforma loxística industrial de Salvaterra-As Neves, nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves (Pontevedra), promovido pola Autoridade Portuaria de Vigo, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmaot.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático