Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2017 Páx. 39845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, do requirimento de documentación do expediente IN2016/75 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, os interesados son informados de que os expedientes están á súa disposición, para coñeceren o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 2 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN2016/75.

Interesado: Francisco José García Cereijo.

CIF: 32674782Q.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Fene.

Expediente: IN2017/118.

Interesada: Talleres y Servicios Castela, S.L.

CIF: B70492624.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Ferrol.