Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39684

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

COOPERATIVA AGRÍCOLA GALLEGA, S. COOP. GALLEGA

ANUNCIO de disolución e liquidación da cooperativa.

Con data do 31 de marzo de 2017, na sede social da cooperativa, con domicilio en Santa María de Bretoña, A Pastoriza (Lugo), acórdase por unanimidade, en sesión universal da asemblea xeral extraordinaria, proceder á disolución da cooperativa, cesar a totalidade dos membros do consello reitor e, baixo o disposto no número 1 do artigo 89 da Lei de cooperativas de Galicia, acórdase, por unanimidade, que as funcións do órgano de liquidación sexan asumidas polo anterior órgano de administración: Cooperativas Ourensanas, S. Coop. Gallega; Industrias Frigoríficas del Louro, S.A.; Novafrigsa, S.A. e Suministros Coren, S.A. A asemblea xeral extraordinaria, tamén en sesión universal, acordou por unanimidade a liquidación da cooperativa. A documentación social da liquidación pódese consultar no domicilio social da cooperativa. O que comunica para xeral coñecemento dos interesados baixo o disposto nos artigos 86 ao 89 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.

A Pastoriza, 20 de xullo de 2017

Cooperativas Ourensanas, S. Coop. Gallega, representada
por Jorge-César Vázquez Paz; Industrias Frigoríficas del Louro, S.A.,
representada por Natalio Rodríguez Rodríguez; Novafrigsa, S.A.,
representada por José Javier Bobillo Blanco, e Suministros Coren, S.A.,
representada por Emilio Rial Pais
Os liquidadores