Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de agosto de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2015/262-1, no concello da Baña.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase do traslado das follas de valoracións da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada cambio de sección NEG-811, no concello da Baña (expediente IN407A 2015/262-1), correspondente ao predio e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 2 de agosto de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/262-1

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: cambio de sección NEG-811

Concello: A Baña

Predio

Lugar

Titularidade

Incidencia

1

Cores

Alfredo Tuñas Vilas

Enderezo ignorado

2

Cores

Herdeiros de Laudelina Sanmartín Riveiro

Enderezo ignorado