Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 20 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-7/2017 RE e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia ao resultar infrutuosa a súa notificación.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 20 de xullo de 2017

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-7/2017 RE.

Denunciado: Remus Stefan Plesca.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-8/2017 RE.

Denunciado: Vasile Cosmin Plesca.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-13/2017 RE.

Denunciado: Mihai Anghelache.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-16/2017 RE.

Denunciado: Alin Marcu.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-21/2017 RE.

Denunciado: Manuel Domínguez Troitiña.

Acto notificado: resolución de expediente.