Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato correspondente ao servizo de elaboración de diversos estudos e informes do complexo do antigo Hospital Xeral de Vigo destinado a futura sede da Cidade da Xustiza.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2017-SESE 04-LU.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=109732.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de elaboración de diversos estudos e informes do complexo do antigo Hospital Xeral de Vigo destinado á futura sede da Cidade da Xustiza.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV:

71200000-0. Servizos de arquitectura e servizos conexos.

71210000-3. Servizos de asesoramento en arquitectura.

71221000-3. Servizos de arquitectura para edificios.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG: núm. 32, do 15 de febreiro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 120.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 120.000,00 €.

Importe total: 145.200,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de formalización do contrato derivado: 18 de xullo de 2017.

b) Contratista: Euconsult, S.A.

c) Importe de adxudicación. Importe neto: 87.600,00 €. Importe total: 105.996,00 €.

d) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza