1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Servizo de Contratación Administrativa.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.
2º. Domicilio: Casetas de Administración. Planta baixa. Rúa Ramón Puga, 52-54.
3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.
4º. Teléfono: 988 38 57 02.
5º. Fax: 881 54 70 69.
6º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es.
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ver número 2.4.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Número do expediente: AB-EIO1-17-008.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo especial.
b) Descrición: xestión e explotación do servizo de cafetaría-restaurante e das máquinas de venda automática de produtos. Así mesmo, esta contratación inclúe a adaptación e/ou remodelación dos locais susceptibles de explotación.
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) Lugar de execución: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).
e) Prazo de execución: ver número 2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
f) Admisión de prórroga: non.
g) Establecemento de un acordo marco: non.
h) Sistema dinámico de adquisición: non.
i) CPV (referencia de nomenclatura): 55330000-2, 55300000-3 y 55400000-4.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: ver número 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: vinte e catro millóns catrocentos setenta e un mil seiscentos euros (24.471.600,00 €).
5. Orzamento do contrato:
a) Canon mínimo de licitación: 1.500.000,00 euros, IVE excluído.
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: si, por importe de 100.000 euros.
b) Definitiva: si, por importe de 100.000 euros.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe clasificación.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver letras e) e f) da cláusula 6.6.2.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Outros requisitos específicos: non proceden.
d) Contratos reservados: non.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Se o último día do prazo para a presentación de ofertas coincide en día inhábil (sábado, domingo ou festivo) na localidade establecida na cláusula 5.2.1. do prego de cláusulas administrativas particulares, o dito prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Modalidade de presentación: ver número 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Domicilio: Edificio Santa María Nai, soto -3, rúa Ramón Puga, 56.
Localidade e código postal: Ourense 32005.
Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es.
d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas: non procede.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter súa oferta: ver número 5.6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Apertura das ofertas:
a) Descrición: ver números 6.3 e 6.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Enderezo: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos, 5º andar do Edificio Cirúrxico do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52.
c) Localidade e código postal: Ourense 32005.
d) Data e hora: a data e a hora de apertura do sobre B e do sobre C publicarase no perfil de contratante, www.sergas.es.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver número 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Ourense, 14 de xullo de 2017
Dionisio López Bellido
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras