Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39407

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (62/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 62/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Zacarías Pazos Rego contra Hermanos Míguez, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Público de Emprego Estatal e Fondo de Garantía Salarial sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

– Admitir a demanda presentada en desemprego.

– Citar as partes para que comparezan o día 28.9.2017, ás 9.55 horas, na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante a maxistrada.

– Advírtese as partes de que en caso de non comparecer nin alegar xusta causa que motive a suspensión do acto de xuízo, poderá o xuíz, ter ao demandante por desistido da demanda, e se se trata do demandado non impedirá a celebración do acto de xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS:

Tense por presentada a documentación que acompaña á demanda, únase aos autos da súa razón, sen prexuízo de que deba a parte propoñela no acto de xuízo como medio de proba do que intentará valerse.

Tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

Se é o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, se for o caso, o/a xuíz admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LXS.

En canto á documental solicitada paso a dar conta SSª para os efectos oportunos.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a SSª da sinalización efectuada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Míguez, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza