Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39470

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de licitación pública para a contratación do servizo de deseño, creatividade e maquetación da programación impresa e a súa adaptación a medios dixitais.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: servizo de deseño, creatividade e maquetación da programación impresa e a súa adaptación a medios dixitais.

3. Prezo do contrato: tipo máximo de licitación: 20.000,00 € anuais, IVE incluído, cuxa base impoñible ascende a 16.528,93 € e 3.471,07 € ao IVE correspondente. Como o obxecto do contrato admite fraccionamento, prevese a realización independente de cada unha das súas partes mediante a súa división en lotes. Tipo máximo de licitación para o lote 1: 8.000,00 €, IVE incluído; tipo máximo de licitación para o lote 2: 8.000,00 €, IVE incluído; tipo máximo de licitación para o lote 3: 4.000,00 €, IVE incluído (ver prego de cláusulas administrativas particulares).

4. Duración do contrato: un ano prorrogable anualmente ata un máximo de catro.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: lote 1: 330,58 €; lote 2: 330,58 € e lote 3: 165,29 €.

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avenida. A Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil do contratante www.coruna.es. Enderezos de correo electrónico: para consultas administrativas a.canosa@coruna.es, para consultas técnicas: b.llamosas@coruna.es

10. Clasificación: non se exixe.

11. Criterios de adxudicación: prezo e proposta de deseño (véxase prego de cláusulas administrativas particulares).

12. Presentación de proposicións: prazo de quince (15) días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou o Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, finalizando ás 13.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE, en avenida A Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil de contratante www.coruna.es.

14. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 14 de xullo de 2017

O presidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos
P.D. (Decreto do 22.6.2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos