Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39210

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 26 de xullo de 2017 pola que se modifica a Orde do 4 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

BDNS (Identif.): 358926.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Obxecto

Publicar a convocatoria para o exercicio de 2017, das axudas da Orde do 4 de agosto de 2016 (DOG nº 157, do 22 de agosto). (TR820D).

Segundo. Normativa reguladora

Esta convocatoria rexerase polas bases reguladoras establecidas no capítulo II da Orde do 4 de agosto de 2016 (DOG nº 157, do 22 de agosto) e a presente Orde do 26 de xullo de 2017 pola que se modifica a Orde do 4 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Terceiro. Período subvencionable

Esta convocatoria afecta as persoas traballadoras que teñan ou tivesen o seu contrato suspendido, en polo menos unha xornada laboral completa, entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017 (ambos inclusive), por un expediente de regulación de emprego en que a autoridade laboral competente constate a causa de forza maior.

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de outubro de 2017.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2017

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria