Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39411

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 24 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación dunha explotación avícola de ceba no lugar de Gomareite, no concello de Vilar de Barrio (expediente 2016/0023).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 36, faise público que por espazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto de Ampliación dunha explotación avícola, promovida por José Antonio Prol Simón, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes.

Para efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Avaliacion_ambiental?content=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental%2FAvaliacion_impacto_ambiental_proxectos%2FSeccion_AIA.html&ui=SX_Calidade_Avaliacion_Ambiental%2FAvaliacion_proxectos%2Fdinamico%2Flistado_proxecto_aap_central.html&sub=Participacion_publica%2F&clase=Xestion%2FProxecto_aap%2FTipo_proxecto%2FIP_AIA_ordinaria%2F

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático