Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2017 Páx. 39058

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 71/2017, do 24 de maio, polo que se establecen seis currículos de títulos profesionais básicos.

Advertidos erros no Decreto 71/2017, do 24 de maio, polo que se establecen seis currículos de títulos profesionais básicos, publicado no DOG núm. 149, do 7 de agosto de 2017, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 37152, no CA1.4, onde di: «... (prensado ou fresco, químico, etc.)...», debe dicir: «... (prensada ou fresca, química, etc.)...».

Na páxina 37312, no CA2.8, onde di: «... á máquina empregada...», debe dicir: «... a máquina empregada...».

Na páxina 37343, no punto primeiro do BC4, onde di: «...dá máquina rotativa...», debe dicir: «... da máquina rotativa...».

Nas páxinas 37567 e 37693, no CA3.5, onde di: «... ná máquina axeitada...», debe dicir: «... na máquina axeitada...».

Nas páxinas 37575 e 37701, no CA3.5, onde di: «... parámetros dá máquina.», debe dicir: «... parámetros da máquina.».

En todo o texto, onde di: «espacio» ou «espacios», debe dicir: «espazo» ou «espazos» (agás no caso «espacio-temporal»).