Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 39020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017 pola que se anuncia a contratación do servizo de limpeza nos centros IPMP de Vigo, EONP de Ribeira, Igafa da Illa de Arousa, EONP de Ferrol e aulas de formación pesqueira de Cariño, Burela e Celeiro (expediente 12/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza nos seguintes centros: IPMP de Vigo, EONP de Ribeira, Igafa da Illa de Arousa, EONP de Ferrol e aulas de formación pesqueira de Cariño, Burela e Celeiro.

c) División por lotes e número: non:

Duración do contrato: 24 meses.

d) Admisión de prórroga: si, por un ou varios períodos que supoñan como máximo un período de catro anos incluídas as prórrogas.

e) CPV: 90919300-5.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente, aberto e suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: prezo.

4. Orzamento de licitación.

Orzamento base: 357.024,72 €; IVE·(21 %): 74.975,19 €. Importe total: 431.999,91 €.

Valor estimado: 714.049,44 €.

5. Financiamento: fondos propios da Comunidade Autónoma.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non é exixible. Non obstante, será posible acreditar as solvencias mediante a clasificación do empresario, segundo se indica na epígrafe F.1 do cadro de características.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo as epígrafes F.2 e F.3 do cadro de características.

7. Garantía exixida: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas) e 981 54 61 41 (consultas técnicas).

d) Fax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet na dirección http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=187768

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 11 de setembro de 2017.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax, fax (981 54 50 03) ou correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: os sobres B abriranse, en acto público, o 20.9.2017, ás 12.00 horas.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 3.8.2017.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
(Disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar