Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 38929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do acordo marco e do contrato derivado deste, correspondente á subministración sucesiva e por prezos unitarios de material de oficina non inventariable con destino aos órganos xudiciais de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de subministración:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2017-SUXU 01-LU.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=140600.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva e por prezos unitarios de material de oficina non inventariable con destino aos órganos xudiciais de Galicia, mediante acordo marco celebrado cun único empresario.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades:

Lotes: non leva lotes.

Número de unidades: as indicadas no anexo B do prego de prescricións técnicas.

d) CPV: 30197000-6. Material de oficina de pequena envergadura e outros máis indicados na epígrafe A da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG: núm. 75, do 19 de abril de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 200.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 200.000,00 €.

Importe total: 242.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de formalización do acordo marco: 17 de xullo de 2017.

b) Data de formalización do contrato derivado: 19 de xullo de 2017.

c) Contratista: Paz Dismac, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 200.000,00 €. Importe total: 242.000,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza