Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2017 Páx. 39031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2017 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, trámite ordinario, do contrato de servizo coa clave PO/17/134.40 e unha máis.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Enderezo: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 49 86.

5º. Telefax: 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.gal

2. Obxecto de cada contrato:

a) Descrición: contrato de servizo para a dirección da obra: proxecto de ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

Clave do expediente: PO/17/134.40. Referencia: AT/013/2017.

Orzamento base de licitación: 65.780,60 €, sen IVE. IVE: 13.813,93 €. Importe total: 79.594,53 €.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=188986.

División por lotes e número de lotes/número de unidades. Non.

b) Descrición: contrato de servizo para a realización da dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das obras de ampliación das instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

Clave do expediente: PO/17/134.40. Referencia: AT/014/2017.

Orzamento base de licitación: 83.780,53€, sen IVE. IVE: 17.593,91€. Importe total: 101.374,44 €.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=188987.

División por lotes e número de lotes/número de unidades. Non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas.

Garantía definitiva: segundo o especificado na epígrafe H do cadro de características.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e a epígrafe J do cadro de características deste.

b) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, epígrafe K do cadro de características.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Documentación que cómpre presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio administrativo de Santiago de Compostela, e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Apertura do sobre B e do sobre C: terá lugar na data e a hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/ con dous (2) días hábiles de antelación ao da realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Se por algún motivo hai que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflectirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal/.

8. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo no DOG: por liña é de 10,82 euros.

10. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas