Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38569

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2017 pola que se dá publicidade de varias encomendas de xestión aos medios propios Empresa de Transformación Agraria, S.A. e a súa filial Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., para executar durante o ano 2017.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:

1. Resolución do 14 de decembro de 2016, da Consellería do Mar, de tramitación anticipada de gasto, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización, polo sistema de administración do servizo de apoio á xestión de emerxencias na Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia para o ano 2017.

– Actividade: traballos de xestión das emerxencias e avisos recibidos na sala de operacións.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2017.

– Financiamento: tramitación anticipada de expedientes de gasto con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, aplicación orzamentaria 14.01.541C.604.1, e con código de proxecto 2011 00867.

2. Resolución do 21 de decembro de 2016, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga á Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a realización dos traballos de apoio técnico para o seguimento da política pesqueira común e información da acción do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca como anticipado de gasto.

– Actividade: traballos de apoio, de asistencia e interrelación das diferentes institucións europeas, recopilación e análise e elaboracións de informes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día 1 de xaneiro de 2017 ata o 31 de decembro de 2018.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, aplicación orzamentaria 14.01.721A.640.2 e código de proxecto 2016 00324.

3. Resolución do 23 de decembro de 2016, da Consellería do Mar, pola que se modifica a orde de execución asinada o 17 de decembro de 2015 pola que se encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., para a realización do servizo de apoio administrativo ao FEMP 2014-2020.

– Actividade: apoio administrativo ao FEMP 2014-2020, na tramitación de axudas ao sector pesqueiro en Galicia a través das intervencións do FEMP. Reforzando as tarefas de análise de viabilidade económica e financeira dos expedientes de investimento no marco do FEMP 2014-2020, debido á súa grande complexidade técnica.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: a mesma que a encomenda que modifica.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, aplicación orzamentaria 14.02.723A.604.1, código de proxecto 2016 00287.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar