Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2017 Páx. 38622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2017 pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, do servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (expediente 2017_008_SXT_OPL).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Proxectos e Obras.

2º. Endrezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 55 26/523/981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareaemprego@xunta.gal

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=183328

7º Data límite de obtención de documentación e información: o último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017_008_SXT_OPL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/10.

Lotes:

Lote 1: Formación Microsoft.

Lote 2: Formación Oracle.

Lote 3: Formación Devops e integración continua.

Lote 4: Formación Red Hat.

Lote 5: Formación Cisco Systems.

Lote 6: Formación en proxectos (Scrum, PMI, Prince2 & ITIL).

Lote 7: Formación en Big Data.

Lote 8: Formación en Ciber Seguridade-EC Council.

Lote 9: Formación en Citrix.

Lote 10: Formación en Cloud-Amazon.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: o sinalado na cláusula 2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 80500000-9 Servizos de formación.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non

d) Criterios de adxudicación: véxase a cláusula 7 do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: oitocentos corenta e nove mil trescentos oitenta euros (849.380,00 €).

5. Orzamento:

a) Orzamento base de licitación: oitocentos corenta e nove mil trescentos oitenta euros (849.380,00 €). Este importe está exento do IVE, de acordo co artigo 20 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor engadido, e distribuído nas seguintes anualidades:

• Ano 2017: 256.300,00 €.

• Ano 2017: 593.080,00 €.

b) Orzamento por lotes:

Lote 1: 149.550,00 €. Lote 2: 147.720,00 €. Lote 3: 128.700,00 €. Lote 4: 48.500,00 €. Lote 5: 52.800,00 €. Lote 6: 96.700,00 €. Lote 7: 90.360,00 €. Lote 8: 66.800,00 €. Lote 9: 36.450,00 €. Lote 10: 31.800,00 €. A distribución por anualidades de cada lote figura na cláusula 3.1.2 do PCAP.

As actividades obxecto desta contratación serán financiadas con cargo aos fondos que se reciban do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe base de licitación de cada un dos lotes aos cales presentase a proposición económica máis vantaxosa.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase a cláusula 5.2 do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 22 de agosto de 2017, ás 14.00 horas.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 6.2 do PCAP.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada na cláusula 6.1 do PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas (só para o lote 5).

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicaranse na Plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 14.7.2016.

12. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=183328

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria